Hai moito tempo que Nokia deixou de ser Nokia. Pouco quedou -máis aló do nome e algún deseño semellante- da Nokia finlandesa que trouxo aqueles teléfonos míticos que todas tivemos (ou quixemos ter) cando o fabricante chinés HMD adquiriu a marca, nun movemento que lle permitiu comercializar os seus teléfonos dun xeito máis doado en Europa, aproveitando o alto grao de coñecemento (e reputación) da marca.
Agora HMD vén de decidir descontinuar a liña de smartphones coa marca Nokia para centrarse unicamente na súa propia marca, e será a Nokia quen -quizais- continúe a fabricar algún dispositivo para quen prefire ter un teléfono que lle permita chamar, desconectándose da rede.
O proceso de desaparición de Nokia tamén semella chegar á parte comercial, con descontos nos smartphones dispoñíbeis sobre o prezo oficial, que semellan durarán até agotar todas as existencias.
Pola súa banda, Nokia Corporation, segue a ser un dos principais actores no mundo do equipamento de telecomunicacións, especialmente nos despregamentos de 5G tras o veto a Huawei. A día de hoxe ten máis de 6.000 patentes no seu poder relacionados coa telefonía e o 5G.