vivo e Nokia asina un acordo global de licenzas cruzadas con Nokia para o 5G

Logo do acordo anunciado hai uns días entre Oppo e Nokia para pór fin ás desputas legais sobre certas licenzas vencelladas ao 5G, agora son vivo e Nokia quenes anuncian un acordo global de licenzas cruzadas semellante.

Deste xeito, vivo e Nokia deixan sen efecto todos os procedementos pendentes en todas as xurisdiccións, xa que o acordo cubre patentes do estándar de 5G e tamén outras tecnoloxías de comunicación móbil.

Desde ambas compañías valoran positivamente este acordo, que aseguran “reflexa o recoñecemento e respeto mutuo polo valor das patentes na telefonía móbil”, e favorece “un desenvolvemento positivo dentro da industria”.

vivo ten presentado solicitudes de patente en máis de 70 países e rexións, e posúe unha carteira de patentes de 25.000 familias. Isto inclúe máis de 6.000 familias de patentes fundamentais para o estándar 5G, con máis de 2.500 familias declaradas ao ETSI e aproximadamente 13.500 presentacións de documentos estándar ao 3GPP.

Sobre o autor

Reply