Fíltrase o deseño do Nothing (2a)

Nas últimas semanas véñense producindo diversas filtracións dos dispositivos que está a preparar Nothing e que anunciará nos próximos meses, entre eles o Nothing (2a), agardado para o primeiro trimestres do ano.

Unha imaxe do dispositivo, concebido como un modelo de gama media, permítenos ver que chegará cun panel traseiro renovado, que segue a mostrar a montaxe interior de dispositivo, pero que prescinde da iluminación e carga sen fíos, dúas características que ficarían reservadas para os modelos máis punteiros.

Segundo parece, este cambio estaría orientado a rebaixar o prezo do dispositivo, e facelo máis competitivo na gama na que se moverá. Segundo outras filtracións anteriores, o Nothing (2a) contaría cunha pantalla OLED, un procesador MediaTek Dimensity 7200 e unha memoria RAM de 8 GB.

Todo apunta a que o Mobile World Congress previsto para finais deste mes de febreiro podería ser o momento que Nothing aproveite para facer o anuncio oficial.

Sobre o autor

No Responses

Reply