Novo OPPO A18, con batería de longa duración

OPPO vén de anunciar o lanzamento dun novo smartphone de entrada, o OPPO A18. Trátase dun dispositivo que mantén a liña estética dos últimos terminais anunciados pola compañía, co acabado OPPO Glow que aporta á súa cuberta mate unha sutil apariencia brillante, combinado coa resistencia ás pegadas dixitais.

Está equipado cunha pantalla de 6,56 polgadas con resolución HD+, taxa de refresco de 90 Hz, brillo de até 720 nits e unha gama de cores DCI-P3 do 96%. Ademais, aposta pola función All Day AI Eye Comfort, que xa temos visto noutros modelos da marca, o que minimiza a fatiga ocular, facendo que a visualización sexa máis cómoda, especialmente cando se emprega o dispositivo durante moito tempo.

No seu interior atopamos un procesador MediaTek Helio G85, xunto con 4 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna. Ademais, pode ampliar a RAM virtualizándoa para conseguir outros 4 GB adicionais, mellorando así a fluídez.

En canto á autonomía, a súa batería é de 5.000 mAh de capacidade, e mediante intelixencia artificial aprende os hábitos de carga para programala de forma que garante a seguridade e mellora a eficiencia durante a noite ou períodos de carga prolongados. Dispón ademis da función All-Day AI Power Saving, que segundo OPPO garante 25 horas en modo de espera mesmo cun nivel de batería do 5%.

A sùa cámara principal, dobre, está composta por un sensor de 8 MP e un segundo sensor para efecto retrato (bokeh) de 2 MP. Do lado frontal temos a cámara de 5 MP, pensada para videochamadas e tomar autorretratos.

Dispoñibilidade e prezo

O novo OPPO A18 está dispoñíbel en dúas cores, GLowing Blue (azulado) e Glowing Black (negro). Comercialízase nunha única versión de 4 + 128 GB por 139 €.

Máis info | e-commerce oficial de OPPO

Sobre o autor

Reply