Tres millóns de cepillos de dentes atacados por un ciberataque

Semella un titular propio da serie Black Mirror, mais nada máis lonxe da realidade. Un ciberataque en Suíza vén de comprometer tres millóns de cepillos de dentes intelixentes, a través da coñecida técnica de denegación de servizo (DDoS).

Así, o ataque comprometeu os cepillos á hora de levar a cabo as súas funcións básicas, e foron programados para acceder de maneira simultánea á web do fabricante, causando a caída desta e evidenciando un grave problema de seguridade.

O ataque serviu para poñer no foco a necesidade de que os parches de seguridade cheguen tamén a este tipo de dispositivos, que a priori poden semellar inocuos, pero que igualmente se ven atacados pola ciberdelincuencia.

Sobre o autor

Reply