Lowi mellora en marzo o seu combinado fibra – móbil máis económico

Lowi comezou a guerra de prezos neste 2024 cunha oferta moi interesante para todas aquelas usuarias que precisan dun servizo de conexión básico: por 29,95 €/mes, a segunda marca de Vodafone ofreceu un plan con fibra simétrica de 300 Mbps xunto cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos acumulables.

Agora Lowi mellorará esta tarifa a partir do 1 de marzo, incrementando a franquía de datos móbiles até os 12 GB sen modificar o prezo. Así, desde esa data será posíbel contratar fibra de 300 Mbps cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 12 GB por 29,95 €.

Con este movemento a compañía pretende afastarse da súa competencia máis directa, O2, que está a ofrecer fibra 300 Mbps cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB por 30 €/mes. A diferenza da proposta de Lowi, O2 inclúe teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.

Sobre o autor

Reply