ZTE vén de anunciar a chegada ao noso país do novo ZTE Nubia Neo 5G, un dispositivo enfocado ao segmento gamer, que se distingue por ofrecer unha atractiva combinación de potencia (cun procesador UNISOC T820 que acada os 2,7 GHz), taxa de refresco de 120 Hz, conectividade 5G e un rendemento de até 18 GB de RAM. Todo iso nun smartphone que non supera os 300 €.
O Nubia Neo 5G incorpora un panel LCD ISP de 6,6 polgadas con resolución Full HD+ (2408 x 1080 píxeles) que destaca pola súas cores e por incorporar unha tecnoloxía que mellora o brillo nun 35%, co obxectivo de que o uso ao aire libre sexa máis cómod á vista.
Está equipado con 256 GB de almacenaxe interna con 8 GB de memoria RAM, se ben conta coa tecnoloxía de IA deseñada por ZTE para a xestión de RAM dinámica, que permite aumentar estes 8 GB iniciais até un total de 18 GB a costa da memoria interna. No seu interior temos un procesador UNISOC T820, que logrou acadar unha puntuación de 422 385 na plataforma AnTuTu.

A nivel fotográfico atopámonos unha configuración básica de dobre cámara, formada por un sensor principal de 50 MP que está acompañado por un segundo sensor de 2 MP. Cabe non agardar grandes resultados, se ben chega para un uso fotográfico básico.
Diferentes modos de xogo
O novo trebello de ZTE ofrece tres modos de xogo diferentes, cada un do cal reasigna os recursos de CPU segundo o seleccionado. O modo “Baixo” está pensado para xogos de longa duración e baixo consumo; o “Medio“, con asignación automática de recursos da CPU/GPU en función do rendemento do xogo; e por último, o modo “Alto” é o mellor modo para o rendemento potenciado nos xogos máis esixentes.
O fabricante tamén ofrece un acceso rápido a un panel de xogo, deslizando cara a dereita dúas veces desde dentro do xogo, o que ofrece acceso a ver o rendemento en directo da CPU, cambiar os modos de xogo, silenciar chamadas ou gravar a pantalla.

Outro punto a destacar é o novo sistema de disipación de calor multicapa. Con esta estrutura, increméntase a eficiencia da evaporación da calor para evitar un sobrequecemento excesivo, mentres se disfruta de xogos, até aqueles que teñen unhas esixencias maiores do habiutal.
Tamén dispón de tecnoloxía de audio envolvente DTS:X ULTRA, que contribué a crear unha atmósfera inmersiva, e a posibilidade de bloquear o nivel de brillo para asegurar que os cambios de luz non afecten ás usuarias, aumentando a comodidade e reducindo o efecto de vista cansada.
Dispoñibilidade e prezo
O ZTE nubia Neo 5G xa se pode mercar no noso país, onde está dispoñíbel en negro (Phamtom Black) por 299 € na tenda de Vodafone, ou por 199 € ou 4 €/mes se se contrata cunha liña telefoníca con esta operadora.

Ademais, como agasallo pola adquisición deste modelo, a operadora tamén regala uns ZTE Buds 2.
Máis info |Vodafone