O 5G de DIGI xa está dispoñíbel para todas as usuarias

No pasado mes de novembro chegaron as primeiras novas sobre o 5G de DIGI, unha das operadoras máis relevantes no panorama estatal polo seu alto nivel de crecemento. Tratábanse das primeiras probas deste tipo de conectividade, que algunha clientela recibiu con sorpresa, xa que non se tiña producido o anuncio oficial.

Non foi até esta semana cando a compañía anunciou de xeito oficial a chegada do 5G, un servizo que xa está activado para todas as usuarias da compañía, que poden desfrutar sempre e cando teñan un dispositivo compatíbel con esta tecnoloxía. Non é preciso facer nada, xa que a activación é automatica e está dispoñíbel para todas de maneira gratuíta, con independencia da tarifa que se teña contratada.

O 5G ofrece diversas vantaxes de conexión, entre elas unha maior velocidade (até 10 veces máis rápido ca o 4G) e unha menor latencia, o que permite unha mellor experiencia, especialmente ao xogar online ou nas interaccións coas diferentes aplicacións.

Ademais, o 5G soporta un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea, mellorando así a estabilidade da conexión, e resulta máis eficiente en termos enerxéticos, o que contribúe a reducir o impacto sobre o medio ambiente.

Sobre o autor

No Responses

Reply