Google One elimina unha das súas opcións máis económicas

O servizo de subscrición de Google One, que ofrece espazo para os servizos de Gmail, Drive e Photos, vai cambiar proximamente, eliminando unha das opcións máis económicas e máis extendidas entre as usuarias de pago. A lo menos, é o que vén de comezar a ocorrer, primeiro nos Estados Unidos e agora tamén en Europa.

Até o de agora, Google viña ofrecendo catro plans: un gratuíto con 15 GB e tres opcións de subscrición, que permitían ampliar esta franquía en 100 GB, 200 GB ou 2 TB adicionais, por 1,99 €/mes; 2,99 €/mes ou 9,99 €/mes. Todos estes plans de pago tamén se viñan beneficiando de descontos dun 16% para pago anual.

Cos novos cambios, Google elimina unha das opcións máis económicas, a de 200 GB, deixando como alternativas o plan gratuíto (15 GB), o plan básico (100 GB) e o plan Premium (9,99 €/mes). Adicionalmente vén de crear un novo plan AI Premium (21,99 €/mes), que por 12 € máis ao mes sobre o plan Premium estándar, inclúe a IA máis avanzada de Google (Gemini), que proximamente estará dispoñíbel tamén en Gmail e Documentos.

Estes cambios estanse a facer de xeito progresivo, polo que algunhas usuarias -especialmente aquelas que teñen na actualidade algún plan de pago contratado- continúan a ter dispoñíbel a opción de 200 GB que vai desaparecer.

Sobre o autor

Reply