Fíltrase o prezo do Nothing Phone (2a) en Europa

Tras terse filtrado o deseño do Nothing Phone (2a), cuxa presentación oficial está prevista para o Mobile World Congress que se celebra a final de mes en Barcelona, agora vén de saír á luz o seu prezo oficial co que se porá á venda en Europa.

Segundo os datos dun retail francés, o modelo base de 8 GB de RAM e 128 GB de capacidade de almacenaxe interna costará 349 €, mentres que a versión con 12 GB de RAM e 256 GB de memoria interna ascenderá até os 399 €. Neste rango, o novo dispositivo de Nothing compite coas propostas de fabricantes como Oppo ou Xiaomi, que están a copar boa parte do mercado con trebellos intermedios.

Tal e como vimos comentando nestas últimas semanas, o Nothing Phone (2a) incorporaría un procesador MediaTek Dimensity 7200-Ultra, pantalla FullHD+ con taxa de refresco de 120 Hz, cámara dobre traseira (principal de 50 MP) e carga de 45 W.

Sobre o autor

Reply