Filtradas imaxes oficiais do Xiaomi 14 Ultra

A próxima fin de semana Xiaomi ten prevista unha presentación global en Barcelona, coincidindo coa celebración do Mobile World Congress, e todo apunta a que o Xiaomi 14 Ultra será o gran protagonista da cita. Trátase da versión máis ambiciosa da serie Xiaomi 14, coa que a compañía quere medirse de ti a ti cos grandes fabricantes do sector.

Entre os seus aspectos destacábeis está o fotográfico, seguindo a estela do Xiaomi 14 Ultra. Os rumores parecen confirmarse coa filtración de imaxes oficiais que nos ofrecen unha visual do módulo traseiro, onde vemos que volve apostarse por Leica para conseguir uns resultados á altura dos principais modelos de gama alta.

Os datos que fomos coñecendo nas últimas semanas apuntan a un sensor principal de 50 MP con apertura variábel, acompañado dun sensor gran angular de 50 MP, un telefoto con aumento de 3,2x de 50 MP e un segundo telefoto de 5 aumentos de 50 MP. En total, catro sensores distribuídos no módulo traseiro, unha circunferencia que sobresae da traseira e integra tamén o flash.

O resto de especificacións confirmaranse o próximo domingo 25, cando sexa presentado oficialmente, pero podemos adiantar que contará co procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 con até 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade de memoria na súa versión máis premium.

Sobre o autor

Reply