OnePlus volve ao mercado dos smartwatches

O Mobile World Congress (MWC) é o escenario elixido por OnePlus para volver ao mundo dos smartwatches, tres anos despois do lanzamento do OnePlus Watch 1. Será aló onde dea a coñecer o OnePlus Watch 2, apodado “Your Partner in time”, un wearable do que a compañía destaca a súa fiabilidade “sen precedentes” para o uso diario e o control exhaustivo da saúde.

A batería será un dos puntos fortes do Watch 2, asegurando unha duración de até 100 horas no modo intelixente, que axusta diferentes parámetros para adaptarse ao estilo de vida de cada usuaria. Por outra banda, tamén se pon en valor o deseño premium, con materiais como o aceiro inoxidábel e unha esfera de cristal de zafiro, e dous acabados: Black Steel e Radiant Steel.

Descoñécense polo de agora o resto de especificacións técnicas que terá este novo modelo de reloxo, pero en menos de cinco días poderemos coñecelo en todo o seu esplendor.

Sobre o autor

No Responses

Reply