Continúan as filtracións do Nothing Phone (2a)

Malia que todo apuntaba a que o Nothing Phone (2a) fose presentado no MWC de Barcelona a semana que vén, será o 5 de marzo cando vexa a luz de maneira oficial. Porén, a estas alturas xa se teñen filtrado a meirande parte das súas especificacións, así como o seu prezo.

Unha das últimas características que veñen de coñecerse é o seu procesador. O fabricante apostará polo MediaTek Dimensity 7200 Pro Nothing, un modelo exclusivo que resulta un 18% máis potente e un 16% máis eficiente ca o modelo básico.

A súa cámara principal será a Samsung ISOCELL S5KG9 de 50 MP, acompañada dun gran angular ISOCELL JN1, tamén de 50 MP. En canto ás memorias, haberá dúas configuracións para RAM e memoria interna: 8 + 128 GB e 12 + 256 GB.

En canto aos prezos, segundo se puido saber a través dun retail francés, o modelo base de 8 GB de RAM e 128 GB de capacidade de almacenaxe interna costará 349 €, mentres que a versión con 12 GB de RAM e 256 GB de memoria interna ascenderá até os 399 €.

Sobre o autor

Reply