Onte Honor centrou a súa conferencia no Mobile World Congress no Honor Magic6 Pro, un dispositiivo novidoso polas súas capacidades de Intelixencia Artificial (IA). Porén, non foi o único anuncio que fixo a compañía no evento, no que tamén presentou a Honor Pad 9.
A Homor Pad 9 é un dispositivo con pantalla FullView de 12,1 polgadas e resolución 2.5K (2560 x 1600 píxeles), con taxa de refresco de 120 Hz. Destaca pola súa calidade para consumo de contido multimedia, algo no que tamén ten moito que ver a presenza dun sistema de son formado por oito altofalantes con tecnoloxía de axuste de son Honor Histen.

No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 6 Gen 1, xunto cunha memoria RAM de 8 GB e almacenaxe de 256 GB. Grazas ao sistema HONOR RAM Turbo, permite incrementar a RAM noutros 8 GB adicionais de maneira virtual, ofrecendo unha experiencia semellante a ter 16 GB de RAM. A súa batería é de 8.300 mAh, e conta con carga Honor SuperCharge de 25W.
En canto ao deseño, destaca polo seu deseño ultradelgado (6,96 mm) e un peso de 555 gramos, grazas ao uso dunha aleación lixeira de aluminio. O sistema operativo é MagicOS 7.2, baseado en Android 13.
Dispoñibilidade e prezo
A Honor Pad 9 chega nunha única combinación de cor (gris espacial) e desde hoxe pódese mercar a través da tenda oficial de Honor por un prezo de lanzamento de 299 € até o 10 de marzo. A partir desa data, o seu prezo habitual será de 399 €.