TCL anuncia os novos modelos da serie TCL 50 con tecnoloxía NXTPAPER e 5G

O Mobile World Congress foi tamén o marco escollido por TCL para anunciar a ampliación da súa serie TCL 50. Trátase dos novos modelos TCL 50 5G, TCL 50 SE e TCL 505, que comparten un novo deseño cadrado e plano, con pantallas melloradas pola tecnoloxía NXTPAPER de útima xeración, e aos que tamén se suma o TCL 501.

OS TCL 50 5G, TCL 50 SE e TCL 505 comparten un novo estilo de deseño, e pantallas melloradas coa tecnoloxía NXTVISION con frecuencia de 90 Hz. Todos eles incorporan opcións de expansión da memoria RAM, ademais da tecnoloxía TCL NXTURBO. Este avance de TCL permítelle optimizar a sincronización entre o software e o hardware, aumentando nun 30% o rendemento de renderizado de imaxes, ao tempo que reduce o consumo enerxético até nun 17%.

E precisamente de enerxía presume TCL, con modelos que destacan polas súas amplias capacidades de batería e que ademais contan con funcións de carga intelixente, garantindo unha alimentación máis eficiente dos dispositivos.

En canto ao son, os TCL 50 5G e TCL 50 SE inclúen a tecnoloxía de son envolvente DTS de Digital Theter System, mentres que o TCL 505 presenta altofalantes dobres estéreo.

TCL 50 5G

O modelo base dos anunciados por TCL, o TCL 50 5G, está certificado por Google como dispositivo Android Enterprise Recommended polo equilibrio da súa folla de características e funcionalidades.

No seu interior integra un dos últimos procesadores de MediaTek, o Dimensity MT6835, con 128 GB de memoria interna e 8 GB de RAM (4 + 4 GB expandíbeis), ademais dunha batería de 5010 mAh compatíbel con carga de 18 W.

A súa pantalla é de 6,6 polgadas con resolución HD+ (720 x 1612 píxeles), e no plano fotográfico temos unha cámara traseira dobre, formada por un sensor principal de 50 MP (AI HYBRID) e outro de 5 MP. Completando a lista de especificacións temos conectividade 5G, soporte para eSIM e NFC para pagos móbiles.

TCL 50 SE

Pola súa banda, o TCL 50 SE pon o foco no entretemento, cunha pantalla FHD+ de 6,78 polgadas e son envolvente 3D DTS. A súa RAM medra até os 12 GB (6 + 6), e tamén a súa capacidade de almacenaxe interna, que ascende aos 256 GB, con posibilidade de ampliarse mediante tarxetas microSD.

A cámara principal é de 50 + 2 MP, e a súa batería de 5010 mAh (compatíbel coa carga de 33W). Perde, respecto ao modelo anterior, a eSIM e a conectividade 5G.

TCL 505

Algo máis modesto resulta o TCL 505, cuxo punto forte é a pantalla HD+ de 6,75 polgadas con tecnoloxía NXTVISION para ofrecer cores vibrantes e gran contraste. Este modelo queda nos 64 GB de memoria interna e até 8 GB de RAM (4 + 4 GB).

Tamén aposta por unha cámara dual de 50+ 2 MP e unha batería de longa duración, con capacidade de 5010 mAh. Destaca tamén por manter o NFC, que permite pagos móbiles, un elemento que non sempre aparece en dispositivos deste rango.

happy young company of smiling friends dancing walking in street with electric kick scooter, man and women having fun together, colorful summer hipster fashion style, talking, smiling

TCL 501

Por último, o TCL 501 foi concebido como un teléfono intelixente esencial, ofrecendo unha experiencia visual fluída na súa pantalla de 6 polgadas. Dentro leva un procesador de oito núcleos, 32 GB de memoria interna e 2 GB de RAM, xunto cunha batería de 3000 mAh.

Dispoñibilidade e prezo

Os tres modelos principais anunciados por TCL estarán dispoñíbeis no noso país a partir de abril deste ano. O TCL 50 5G porase á venda por 149 €, un prezo moi atractivo para un dispositivo con capacidades 5G e eSIM.

Por outro lado, o TCL 50 SE custará 169 €, ofrecendo 256 GB de memoria, mentres que o TCL 505 terá un prezo de 109 € con 128 GB de capacidade de memoria.

Sobre o autor

No Responses

Reply