Ao remate do Unpacked no que Samsung deu a coñecer os Galaxy S24, a compañía deixou ver unha imaxe do Galaxy Ring, un anel no que traballa para ampliar o seu portfolio de gadgets para o control da saúde. Malia que nun primeiro momento pensouse que podería ser presentado no MWC, ás poucas semanas a compañía deixou claro que aínda habería que esperar un pouco máis.
Porén, o Galaxy Ring estivo presente neste MWC, aínda que a súa presenza foi nunha vitrina que simplemente permitiu coñecer o seu deseño e tres dos acabados que manexa a compañía (negro, prata e dourado). Nada máis.
A compañía nin confirma nin desminte que funcionalidades integrará a primeira versión que se poña á venda, aínda que todo apunta que moitas das medicións terán que ver cos ciclos de sono, e outras estarán relacionadas coa monitorización do ciclo menstrual nas mulleres, froito dunha colaboración coa empresa Natural Cycles.
Polo de agora, haberá que seguir agardando para coñecer este dispositivo de maneira oficial.