MediaTek presenta no MWC a plataforma T300 5G RedCap para dispositivos portátiles, wearables e IoT

MediaTek anunciou no Mobile World Congress a última incorporación á súa carteira 5G RedCap, a plataforma MediaTek 300 para wearables e aplicacións da Internet das Cousas (IoT). O T300 é un sistema en chip (SoC) 5G RedCap RF construído co módem M60 de MediaTek, que é compatíbel co estándar 3GPP Release -17 para ofrecer vantaxes xeracionais significativas sobre as solucións 4G IoT existentes.

O T300 conta cun deseño de antena simplificado e confiábel con RF integrada para extender a vida útil da batería en dispositivos 5G, ao tempo que reduce o tempo e os custes de desenvolvemento. O módem M60 reduce o consumo de enerxía até nun 60% en comparación coas alternatvias LTE Cat-4, e até nun 70% en comparación coas solucións 5G eMMB existentes. Isto permite aos fabricantes de dispositivos aumentar a sostibilidade enerxética en grandes implementacións de dispositivos no IoT, o mercado móbil, a aseguridade, a loxística e os dispositivos IoT perimetrais.

Con velocidades máximas de enlace descendente e ascendente que acadan os 227/122 Mbps, o T300 leva os beneficios do 5G aos dispositivos con restricións de enerxía NR. O modem 5G estándar 3GPP Release-17 da plataforma admite unha variedade de melloras de eficiencia enerxética, incluída a indicación temperá de paxinación, a subagrupación de UE, o interruptor de rango de transmisión (TRS) mentres está inactivo, a adaptación de monitoreo PDCCH e o monitoreo de enlace de radio (RLM) mentres está activo. Ademais, a plataforma integra unha CPU de 800 MHz para garantir que o SoC teña unha alta capacidade de resposta cando se activa.

MediaTek está colaborando cos principais socios de infraestrutura que dan soporte ás redes en Europa, como Ericcson e Nokia, así como coas operadoras para conectarse con éxito ás redes 5G SA e realizar chamadas VoNR, así como transmisión de datos empregando o MediaTek T300.

Sobre o autor

Reply