Este ano promete ser o ano da intelixencia artificial, dos teléfonos encartábeis e tamén dos aneis intelixentes. No Mobile World Congress puidemos ver o Galaxy Ring que prepara Samsung, aínda que iso si, nunha vitrina. Pero non será o único, xa que o CEO Global de Honor, George Zhao, deixou o titular de que Honor tamén está a traballar no seu anel intelixente, sen dar polo de agora moita máis información nin tampouco aventurar unha data de lanzamento.
Para o que si que puxo data Zhao é para termos o primeiro teléfono encartábel. Será este mesmo ano cando Honor anuncie cando menos un dispositivo deste tipo, un segmento de produto que está a acaparar moito interese entre as usuarias.
Malia que a meirande parte dos teléfonos encartábeis son produtos de gama alta, neste Mobile World Congress tamén puidemos ver algúns dispositivos que aspiran cubrir un rango de prezos máis baixo, como o Nubia Flip.