Vodafone e Orange empatan como operadores coa mellor rede móbil

A consultora independente umlaud, líder mundial en probas e avaliacións comparativas de redes móbiles, vén de publicar o seu estudo Mobile Benchmark España 2024, que deu como resultado o empate en puntuación entre Vodafone e Orange na avaliación das súas redes (con 897 puntos sobre 1000), seguidas moi de preto por Movistar (895/1000), e a máis distancia Yoigo (847/1000).

Vodafone destaca especialmente polos seus resultados no servizo de voz e a confiabilidade do servizo. De feito, nas grandes cidades a compañía lidera as probas de voz e acada o 96% das chamadas satisfactorias nos test en condución, e o 99% nos test a pé. Ademais tamén encabeza as probas de voz en localidades máis pequenas, e acada as calificacións máis destacadas nas chamadas de voz realizadas nas estradas.

No tráfico de datos, a mellor puntuación é a de Movistar, se ben Orange obtén uns resultados máis compensados entre os diferentes aspectos e escenarios empregados para o estudo, conseguindo un equilibrio medio. Yoigo é a operadora que sae peor parada en todas as medicións, se ben a consultora valora como boa a súa rede.

Velocidade 5G

O estudo de umlaud tamén valora a velocidade 5G dos diferentes operadores, onde Orange lidera a velocidade media nas grandes cidades (475 Mbps), mentres que Movistar fai o propio nas vilas (412 Mbps). Por operadores, as velocidades medias resultado do estudo son as seguintes:

  • Vodafone cidades: 417,2 Mbps
  • Vodafone vilas: 247,1 Mbps
  • Orange cidades: 475,4 Mbps
  • Orange vilas: 341,8 Mbps.
  • Movistar cidades: 453,1 Mbps
  • Movistar vilas: 412,9 Mbps.
  • Yoigo cidades: 426,2 Mbps
  • Yoigo vilas: 270,5 Mbps

Descarga | Estudo (pdf)

Sobre o autor

Reply