Microsoft traballa para ofrecer actualizacións de Windows 11 sen reinicios

Unha das principais molestias á hora de actualizar o noso ordenador é o momento do reinicio, e ter que esperar para volver a empregar o noso dispositivo. A molestia agudízase se se trata dunha gran actualización que implica moito tempo de espera, pero todo iso podería ter os días contados. A lo menos, é o que pretende Microsoft.

Esta función non é realmente nova de todo, pois a propia Microsoft xa e emprega nas consolas Xbox e tamén na versión de Windows para servidores. Así mesmo, para usos máis domésticos, a experiencia foi mellorando cos anos, e moitos dos actuais parches de seguridade para Windows Defender xa se aplican sen reinicios tras a súa instalación.

Segundo descubriron en Windows Central, Microsoft traballa nun novo métode de actualización chamada “Hot patching”, que permite empregar as actualizacións inmediatamente. O seu funcionamento pasa por modificar o código presente na memoria RAM directamente, en lugar de ter que reiniciar o equipo para que Windows atope o novo código e comece a usalo, como acontece polo de agora.

Agora só queda esperar a que esta nova funcionalidade chegue aos equipos Windows para poder comezar a usala e poder así perder menos tempo en longas esperas por culpa das actualizacións.

Sobre o autor

No Responses

Reply