Preto da metade das europeas plantéxanse mercar un smartphone reacondicionado

O Mobile World Congress, ademais de servir para anunciar novidades, déixanos tamén titulares sobre as tendencias de consumo. Así, a feira internacional foi o escenario para dar a coñecer os resultados do Barómetro Recommerce, en colaboración con Vodafone, que constata aun crecemento entre o número de europeas que están dispostas a considerar a compra dun dispositivo reacondicionado.

No 2023 o mercado mundial de segunda man expandeuse até os 309 millóns de unidades, e prevese que acade máis de 431 millóns de unidades en 2027. Na actualidade, máis do 43% das europeas ten un smartphone de segunda man (fronte o 42% do ano pasado), e pensando en que farán cando decidan mercar o seguinte, o 52% declararon estar dispostas a apostar por un modelo reacondicionado.

O estudo foi realizado analizando a opinión das consumidaras da UE en doce países (Francia, Bélxica, Alemaña, Países Baixos, Rumanía, Suíza, Polonia, Italia, España, Hungría, Portugal e Irlanda), con idades comprendidas entre os 16 e 65 anos.

Motivos económicos e ambientais

Para mías do 67% das persoas consultadas, o prezo é a principal razón para apostar por un modelo reacondicionado, seguida polas cuestións medioambientais (39%), o que suxire que tamén hai unha conciencia cada vez maior polo coidado do paneta.

De feito, a compra dun smartphone reacondicionado supón o aforro de arredor de 50 quilogramos de CO2, un 20% ou menos que un smartphone equivalente de nova fabricación, e evita a necesidade de extraer 164 quilos de materias primas.

Comercio de modelos reacondicionados e intercambio

Cada vez son máis as cadeas e operadoras que se suman a ofrecer no seu catálogo modelos reacondicionados, especialmente nas gamas altas, onde o prezo pode ser un impedimento para que moitas persoas poidan desfrutar dos terminais máis avanzados.

Vodafone e Recommerce, por exemplo, ofrecen dispositivos de alta gama con garantía de 24 meses, logo de telos sometido a unha comprobación visual e de diagnose para garantir que compoñentes como a pantalla, a batería e a cámara funcionan correctamente. Así mesmo, tamén se teñen sometido a unha limpeza en profundidade e a un borrado de dato seguro.

Outra das tendencias entre as usuarias que medra é a do intercambio (35%) para o seu posterior reacondicionamento ou revenda.

Sobre o autor

Reply