Finetwork engade máis datos en dúas das súas tarifas móbiles

Nas últimas semanas a operadora Finetwork mellorou a tarifa a 100.000 clientes, ampliando o volume de datos dalgunhas tarifas móbiles, de maneira automática e sen que este cambio supoña cambios nin no prezo nin nas condicións da tarifa.

As novidades chegan agora a outros dous plans da compañía, as propostas que inclúen máis datos da súa proposta só móbil. Así, o plan con 50 GB incrementa os datos até os 90 GB, matendo o prezo de 14,90 €/mes, mentres que o que tiña 100 GB medra até os 150 GB polos mesmos 19,90 €/mes. En ambos os dous casos, inclúense chamadas ilimitadas a fixos e móbiles e 1000 SMS a destinos nacionais.

A operadora, que emprega a rede de Vodafone e ofrece plans sen permanencia, completa a súa oferta de tarifas móbiles con outros dous plans que se manteñen sen cambios. Por 4,90 €/mes ofrece 10 GB, chamadas ilimitadas e 1000 SMS, e por 8,90 € sube a franquía de datos até os 24 GB.

Sobre o autor

Reply