O Consello de Ministros aproba a fusión dos grupos Orange e MásMóvil

Tras ter dado luz ver a Comisión Europea, hoxe foi o Consello de Ministros o que aprobou a fusión do Grupo Orange e o Grupo Másmóvil, unha unión coa que se convertirá na maior operadora do Estado en número de clientes, aínda que non en facturación.

A entidade resultante contará con máis de 30 millóns de clientes de móbil, máis de 7 millóns de clientes de banda larga fixa e máis de 2 millóns de clientes de servizos de televisión, con capacidade para realizar a medio prazo unha importante política de investimentos que permitan seguir mellorando as infraestruturas dixitais fixas e móbiles.

A operación está valorada nuns 18.600 millóns de euros, e aglutinará operadoras como Orange, Jazztel, Simyo, MasMovil, R, Euskaltel, Pepephone e Yoigo, entre outras. Da súa fusión tamén resultará beneficiaria Digi, que contará con espectro propio de radio e acceso prioritario ás infraestruturas da nova compañía.

Logo desta autorización, ambas compañías agardan pechar os últimos trámites administrativos no prazo de dúas semanas, cumprindo coa previsión de concluír a transacción durante o primeiro trimestre desde 2024.

Sobre o autor

No Responses

Reply