A operadora Vodafone vén de resultar adxudicataria do proxecto de dixitalización de 83 aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), cun investimento de 1,7 millóns de euros dos Orzamentos da Xunta de Galiza.
Este contrato de subministración ten por obxecto a instalación de novo equipamento, actualizando as Aulas CeMIT con tecnoloxía actual, así como o posterior soporte TIC das mesmas. Beneficiaranse destas melloras as máis de 100.000 persoas usuarias destas Aulas no conxunto do país.
Nunha primeira fase, Vodafone equipará estas aulas con 1360 equipos All-In-One, 880 tablets, 336 complementos audiovisuais e 140 elementos inclusivos para persoas con diversidade funcional. Tamén se dotarán de novos sistemas de videoconferencia e libros electrónicos.