71 novos concellos de toda Galiza estarán conectados ao longo deste ano coa rede 5G de Vodafone na frecuencia de 700 MHz, que se suman aos 139 concellos que xa contaban con este servizo desde o ano pasado, sumando un total de 210. Deste modo, a rede 5G de Vodafone conseguirá dar servizo a 2,5 millóns de galegas, cunha mellora significativa na dispoñibilidade de ancho de banda, así como tamén na cobertura en interiores.
Esta ampliación de cobertura centrarase principalmente en concellos de menos de 5.000 habitantes, aos que corresponden 52 dos 71 concellos incluídos na lista, e o resto son localidades de arredor de 10.000 habitantes das catro provincias galegas.
Por provincias, na da Coruña (21) chegará aos concellos de Ames, A Laracha, As Pontes de García Rodríguez, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Corcubión, Coristanco, Dodro, Dumbría, Frades, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Muxía, Outes, Ponteceso, Porto do Son, Vilasantar e Vimianzo. En Pontevedra (10), serán os concellos de Agolada, A Estada, A Guarda, Crecente, Pazos de Borbén, Pontecesures, Ponte Caldelas, O Rosal, Salvaterra do Miño e Silleda.
En canto á provincia de Lugo (13), despregarase 5G en Antas de Ulla, A Fonsagrada, A Pastoriza, Cervo, Friol, Guntín, O Vicedo, Pantón, Pol, Rábade, Sarria, Taboada e Xove; e finalmente na de Ourense (27) serán Amoeiro, Avión, A Gudiña, A Merca, A Pobra de Trives, A Veiga, Bande, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorrras, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Cenlle, Coles, Cualedro, Larouco, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Monterrei, Punxín, Riós, San Cibrao das Viñas, Sarreaus, Viana do Bolo e Vilar de Barrio.