Xa hai datas para o Google I/O 2024

O Google I/O 2024 xa ten datas confirmadas: 14 e 15 de maio. O principal evento anual de Google recupera a normalidade desde o 2019, cunha programación que durará varios días. Se no 2020 sufriu a onda de cancelacións da COVID, no 2021 e 2022 celebrouse unicamente online. E no ano 2023 fíxose presencial, aínda que tivo unha duración dun único día.

A cita deste ano volve ter dúas xornadas, e iniciarase ás 18.00h do 14 de maio coa keynote de Sundar Pichai, o CEO de Google. Como vén sendo habitual, agárdase que nese discurso inaugural haxa varios anuncios relevantes do mundo Android e do ecosistema de servizos e ferramentas de Google.

Como non podería ser de outro xeito, neste 2024 falarase moito de intelixencia artificial (IA), con Gemini como gran protagonista. E de Android 15, que malia que a vista previa para desenvolvedores xa foi presentado, ao longo do mes de abril poderíamos ter a primeira versión beta.

A páxina web do evento xa abriu os rexistros para que calquera poida anotarse para recibir información do que se presente, e tamén para o seguimento online das sesións. Ademais tamén inclúe algún xogo que nos permite interactuar con ela.

Sobre o autor

No Responses

Reply