Lowi agasalla un smartwatch Xiaomi contratando fibra e móbil até o 24 de marzo

Lowi vén de poñer en marcha unha promoción pola cal as usuarias que contraten un servizo combinado de fibra e móbil (alta nova ou portabilidade) levarán de regalo un Xiaomi Redmi Watch 3 Black, valorado en 99,99 €.

Para poder beneficiarse deste agasallo será necesario contratar o servizo até o 24 de marzo, incluído, en calquera dos puntos de venda e canles de contratación de Lowi. Tras esta contratación, e unha vez pagada a primeira factura, as usuarias visualizarán na App Mi Lowi o seu código promocional co que deberán seguir o proceso para solicitar o Redmi Watch 3 Black até o 30 de xuño.

As tarifas coas que se pode optar a esta oferta parten de 29,95 €/mes, e son as seguintes:

  • Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 12 GB) por 29,95 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB) por 34,95 €/mes
  • Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB) por 36,95 €/mes.
  • Fibra 600 Mbps + 2 móbiles (ilimitadas + 30 GB cada unha) por 39,90 €/mes.
  • Fibra 1 Gbps + móbil (ilimitadas + 75 GB) por 42,95 €/mes.

O Xiaomi Watch 3 Black está equipado cunha pantalla AMOLED de 1,75 polgadas con resolución HD e modo “always on. Permite recibir e responder chamadas e incorpora 121 modos deportivo para controlar a actividade física. A súa batería pode chegar aos 12 días para un uso moderado.

A promoción non afecta ás condicións de contratación de Lowi, que mantén unha permanencia de 3 meses na fibra, e ningunha no servizo.

Sobre o autor

Reply