Google Wallet admite -ao fin- os arquivos PKPASS

Empregar o noso móbil como carteira dixital é algo cada vez máis habitual entre as usuarias. En boa medida, contribuíu a isto que a meirande parte dos bancos e entidades financieiras son compatíbeis co sistema de pagos Google Wallet, e o seu equivalente en Apple, Apple Pay.

Pero máis aló de servir para almacener as tarxetas de pago, Google Wallet e Apple Pay serven tamén para levar virtualizada as tarxetas e fidalidade dos establecementos, e outros documentos como as entradas a espectáculos, tarxetas de embarque, bonos de transporte e mesmo os -xa vintage– pasaportes COVID.

No seu momento Aplee creou os arquivos PKPASS para estes últimos documentos (entradas, tarxetas de embarque…), que foi gañando popularidade no sector até converterse nun estándar non oficial. Google tentou manterse á marxe, e aínda que hai empresas que se esforzaron por adaptar ambos sistemas (por exemplo Vueling), outras -especialmente as de entradas- mantiveron unicamente o formato PKPASS. Isto fixo que as usuarias de Android tivésemos que recurrir a levar as entradas descargadas en PDF ou a empregar unha aplicación de terceiros da Play Store compatíbel cos PKPASS.

Agora, por fin, Google permite importar os arquivos PKPASS, dando así resposta á demanda social que llo leva pedindo anos. E facelo non podería ser máis sinxelo: se recibimos un PKPASS por correo electrónico, Google suxeriranos directamente importalo a Wallet, quedando no listado de pases desta carteira dixital para empregalo cando o necesitemos.

Sobre o autor

Reply