O exclusivo Honor Magic V2 Porsche Design xa se pode mercar no noso país

O pasado Mobile World Congress Honor descubriu o Honor Magic V2 Porsche Design, un dispositivo exclusivo deseñado polo fabricante de smartphones en colaboración co emblemático fabricante de vehículos de luxo.

O seu deseño está inspirado nos deportes do motor, cunha parte traseira que recorda ao capó dun Porsche 911. Tamén o agarre porporciona unha experiencia que Honor e Porsche comparan coa de ter un coche deportivo na palma da man, representado ademais na cor gris ágata, emblemática da marca.

Polo demais, o Honor Magic V2 Porsche Design é un dispositivo encartábel cun grosor axustado a 9,9 mm e un peso de 234 gramos. A súa pantalla incorpora NanoCrystal Shield antirabuñadas, o que supón unha resistencia 10 veces superior, con un índice de durez de sete na escala de Mohs (que indica o grao de resistencia dun material).

En canto á configuración de características, o Honor Magic V2 Porsche Design vén con procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2, 16 GB de RAM e 1 TB de memoria interna, batería de 5.000 mAh e MagicOS 7.2 -baseado en Android- como sistema operativo. A súa bisagra soporta máis de 400.000 pregues, o cal é unha boa mostra da súa durabilidade.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Honor Magic V2 Porsche Design pódese mercar desde esta semana no noso país por 2.699 €, a través da tenda en liña de Honor https://www.hihonor.com/es

Sobre o autor

No Responses

Reply