Microsoft amplía a oferta de Copilot Pro para particulares e empresas

As aplicacións de intelixencia artificial (IA) veñen cobrando protagonismo nos últimos tempos. E se hai unha compañía que contribúe á súa universalización, esa é Microsoft. Con Microsoft Copilot, a compañía soubo adiantarse ás necesidades das usuarias, ofrecendo unha ferramenta realmente útil e sinxela de empregar.

Copilot está dispoñíbel tanto a través da web como das aplicacións móbiles para iOS e Android. Agora Microsoft amplía a oferta de Copilot Pro para particulares, de forma que as subscritoras de Copilot Pro xa poden acceder a el desde as plicacións web gratuítas de Microsoft 365. Deste xeito, pódense aproveitar todas as súas funcionalidades nas versións web de Word, Excel, PowerPoint, Outlook e OneNote, sen necesidade de adquirir unha subcrición adicional. Está previsto tamén que nos próximos meses esta vantaxe chegue tamén ás apps móbiles gratuítas incluídas en Microsoft 365 e Outlook para iOS e Android.

Copilot Pro tamén está dispoñíbel para as aplicacións de escritorio de Microsoft 365 para aquelas usuarias cunha subcrición a Microsoft 365 Familia (máximo 6 persoas) ou Microsoft 365 Persoal (para un único usuario).

Vantaxes de Copilot Pro

O pasado mes de xaneiro, Microsoft anunciou un conxunto de modelos GPT de Copilot que se axustaban a necesidades específicas, como ser un adestrador persoal, axente de viaxes ou asistente de cociña. Agora, a capacidade de construír e compartir GPTs de Copilot personalizades xa está dispoñíbel para todas as persoas cunha subcrición a Copilot Pro con Microsoft Copilot GPT Builder, unha nova ferramenta que permite crear “copilotos” personalizados para axudar a tarefas específicas.

Este novo servizo de subscrición chega aos 222 países e rexións nos que a versión gratuíta viñan estando dispoñíbel, cunha proba gratuíta dun mes para aquelas persoas que instalen a app de Copilot iOS ou Android. Entre as súas vantaxes están o acceso prioritario aos mellores modelos, funcións de IA en apps de Microsoft, mellores capacidades para a creación e edición de imaxes e acceso ao Microsoft Copilot GPT Builder.

En canto a prezos, tras o período de proba gratuíta, ten un custe de 22 €/mes, polo que só resulta interesante se imos facer uso de todas as potencialidades que ten esta ferramenta.

Sobre o autor

Reply