Samsung prepara para 2025 o seu chip acelerador de IA, o Match-1

A serie Galaxy S24 de Samsung foi a primeira do fabricante surcoreano que centra boa parte da atención nas capacidades da intelixencia artificial (IA). Unha aposta que seguirá nos próximos anos, o que leva ao fabricante a apostar pola fabricación dos seus propios compoñentes de hardware. Entre estes compoñenetes está un novo chip acelerador de IA, chamado Match-1

Segundo un informe do Seoul Economic Daily, o Match-1 chegará no 2025 para tratar de romper o dominio de NVIDIA no mercado de aceleradores de IA. O director executivo de Samsung Semicondutor tamén confirmou durante a 55ª asemblea xeral de accionistas de Samsung Electronics que un laboratorio especializado está a traballar para crear un semicondutor completamente novo, deseñado para cumprir cos novos requerimentos de procesamento.

A verficiación do chip completouse a través de FPGA, e o deseño do SoC está en proceso. Estímase que entraría en produción a finais deste ano, de maneira que poida empregarse polos sistemas de intelixencia artificial a comezos do próximo ano. Non sería de extranar que a serie Galaxy S25, prevista para o primeiro trimestre do 2025, fose a encargada de inauguralo.

Co Match-1 Samsung aspira a resolver o problema do “pescozo de botella” que ten actualmente a inferencia da IA na transferencia de datos entre a GPU, a CPU e a memoria. Agárdase que o Match-1 conte cunha nova estrutura que permita reducir este “pescozo de botella” na velocidade de transferencia de datos a 1/8 dos niveis actuais.

Fonte

Sobre o autor

Reply