Honor vén de presentar os seus novos auriculares, os Honor Earbuds X6. Trátase dun modelo que destaca polo rendemento da súa batería e por contar cun deseño lixeiro, que xa se pode mercar a través das canles de venda habituais do fabricante.
Estes novos auriculares están equipados cun controlador composto de 10 mm con revestimento de titáneo e unha cavidade personalizada, que promete unha experiencia de audio equilibrada e envolvente con agudos suaves, medios equilibrados e graves dinámicos que dan calidade aos diferentes sons.
Con HiFi5 DSP, Honor Earbuds X6 garante unha decodificación de música de alta calidade, con reprodución nítida e preservando a integridade da calidade de audio. As usuarias poden seleccionar entre múltiples modos de son EQ, incluíndo Clásico, Reforzo de graves, Cálido e Reforzo de Agudos, adaptándose ás preferencias persoais.
Estes novos auriculares incorporan un algoritmo intelixente AI ENC, que permite reducir o ruído, permitindo ás usuarias desfrutar de conversacións ou entretemento sen interrupcions e sen distracións do entorno. Así mesmo tamén ofrecen un control sen esforzo mediante sinxelos xestos cos dedos. Cun dobre toque no borde dos auriculares, as usuarias poden responder finalizar chamadas, reproducir ou pausar música e activar o asistente de voz.
Os auriculares teñen unha batería de 41 mAh, o que se traduce nunha autonomía dos Honor Earbuds X6 de até 9 horas cunha soa carga. O estoxo de carga, de 510 mAh, permite realizar varias cargas, extendendo esta autonomía até as 40 horas. Así mesmo, co sistema de carga rápida, con 10 minutos de carga ofrecen até 3 horas de reprodución musicais.
Do seu deseño destaca a súa lixeireza, con 3,8 gramos de peso por auricular, e os 33 gramos do estoxo de carga. E en canto á conectividade, dispón de Bluetooth 5.3 e un sistema de conexión rápida se se emparellan con smartphones Honor.
Dispoñibilidade e prezo dos Honor Earbuds X6
Os novos Honor Earbuds X6 están dispoñíbeis en cor branco por 59,99 €, e se poden mercar a través da páxina web de Honor.
Máis info | Honor