Finetwork anuncia novidades na súa oferta, con máis datos, Amazon Prime e máis televisión

Finetwork é unha das compañías de baixo custe máis representativas do panorama telco actual, cunha proposta de produtos de móbil e servizos converxentes que destacan polo prezo axustado. No seu compromiso por seguir incrementando as posibilidades para a súa clientela, a operadora vén de anunciar diversas novidades.

O primeiro cambio significativo témolo en dúas das súas tarifas máis potentes, que ven incrementada significativamente a franquía de datos que inclúen. Así, a tarifa de 50 GB con chamadas ilimitadas pasa a ter 90 GB mantendo o prezo de 10,90 €/mes, mentres que a de 100 GB pasa a 150 GB coa mesma cota de 14,90 €/mes. Este cambio está dispoñíbel directamente nas novas contratacións, pero tamén se aplica de forma automática ás usuarias con estes plans contratados.

Por outra banda, Finetwork inclúe un ano de Amazon Prime en todas as tarifas converxentes, así como tamén nestas dúas novas tarifas de só móbil con 90 e 150 GB que comentamos anteriormente.

En canto á oferta de televisión, a proposta Elige TV mellora a oferta, engadindo o servizo de Acontra+ en todos os paquetes de Elige TV de forma gratuíta. Acontra+ é unha plataforma de streaming que conta con máis de 1.000 títulos de cine, cunha ampla selección de xéneros que inclúen documentais, películas familiares, óperas e grandes clásicos.

Por último, a oferta de terminais continúa con descontos en dispositivos engandindo a opción de terminal na tarifa de 300 Mbps e 10 GB por 24,90 €/mes. Así, por 8 €/mes as usuarias poderán disfrutar da opción financiada, e por 14,90 € ao mes da opción de pago ao contado con catro modelos distintos: ZTE A53, TCL 40SE, Samsung Galaxy A14 e Motorola Edge 40.

Sobre o autor

Reply