Sen facer moito ruído, Samsung anunciou o Galaxy M55, o seu novo modelo de gama media destinado ao mercado online. Trátase dunha versión modificada do Galaxy A55 con lixeiros cambios, para poñer o foco en aspectos como a cámara frontal ou o procesador, cun rendemento algo superior.
Así, o Galaxy M55 de Samsung incorpora un procesador Qualcomm Snapdragon 7 Gen 1, con 8 GB de RAM e opcións de 128 e 256 GB de almacenaxe interna. A súa pantalla é un panel Super AMOLED+ de 6,7 polgadas con resolución FHD+ e unha taxa de refresco de 120 Hz. O seu brillo máximo chega a 1.000 nits no modo de brillo elevado (HBM), pero a luminosidade en HDR podería ser aínda maior.
En canto ao son, posúe altofalantes estéreo Dolby Atmos, e se falamos de fotografía temos que destacar a cámara frontal de 50 MP para selfies. Na parte traseira temos unha cámara triple, presidida por un sensor principal de 50 MP con OIS, un gran angular de 8 MP e unha cámara de macro de 2 MP para fotos retrato.
A súa batería é de 5.000 mAh, con carga de 45W. E en canto á conectividade, vén con NFC e 5G, ademais de WiFi de dobre banda e Bluetooth 5.2. Tamén dispón de lector de pegadas dixitais baixo a pantalla.
Está previsto que se poña á venda no noso país por uns 540 €, mais de momento non hai información oficial ao respecto.