Vodafone e Nokia proban unha tecnoloxía para eliminar o retardo en gaming e vídeo

Vodafone e Nokia veñen de probar con éxito unha nova tecnoloxía de Internet que podería mellorar enormemente a experiencia das usuarias de banda longa no fogar. Esta cuestión é especialmente relevante para usuarias de xogos ou videochamadas.

Para conseguilo, as dúas empresas empregaron un enlace réplica de fibra até o fogar (FTTH) -simulando un pico no peor escenario- que daba servizo a un portátil estándar a través dunha conexión de banda longa WiF. Conseguiron así baixar os tempos de resposta, reducindo a latencia ao acceder a un sitio web de 550 ms(0,55 segundos) a tan só 12 ms (0,012 segundos). E todo ilo, mantendo a o mesmo tempo velocidades rápidas. Empregando un cable Ethernet, a latencia reduciuse a 1,05 ms(0,00105 segundos).

Unha altencia de 100 milisegundos ou máis, que equivale a un pestanear, pode causar un retraso importante nos xogos ou durante unha videochamada. Na rede de banda ancha de fibra, Vodafone e Nokia Bell Labs (a división de investigación de Nokia) puideron demostrar as vantaxes dun novo estándar de Internet denominado L4S para manter de forma simultánea un alto caudal de datos (tráfico de clientes) e unha baixa latencia. Estas probas leváronse a cabo no laboratorio que Vodafone ten en Newbury (Reino Unido).

Sobre a tecnoloxía L4S

L4S, desenvolto por Nokia Bells Labs, significa rendemento de “baixa latencia, baixa perda e escalábel”. Respaldada polo principal organismo de normalización da Internet, o Internet Engineering Task Force (IETF), esta tecnoloxía fai fronte aos retrasos nas colas. Estas son unha fonte importante de picos de latencia en Internet, e un problema para a meirande parte dos xogadores profesionais. A latencia prodúcese cando os paquetes de datos esperan nos búferes da rede, por exemplo en routers e modems, antes de ser enviados a o seu destino.

Malia que as probas de Vodafone e Nokia Bell Labs realizáronse con redes ópticas pasivas (PON), a tecnoloxía subxacente aos servizos domésticos de fibra de banda ancha, L4S tamén pode empregarse sobre calquera conexión de acceso, móbil ou fixa. Podería así aplicarse a calquera aplicación sensíbel á latencia, como a cirurxía a distancia, os vehículos autónomos conectados e as fábricas intelixentes qeu sustentan a Internet industrial.

Sobre o autor

Reply