Xiaomi Fan Festival, nova edición da festa de ofertas de Xiaomi

Xiaomi vén de anunciar unha nova edición do seu evento anual Xiaomi Fan Festival. Trátase dunha cita que simboliza a unión entre o fabricante e os seus seguidores, a quen lles ofrece promocións únicas e actividades especiais en sinal de agradecemento pola súa fidelidade. Con motivo do seu 14ª aniversario, o festival deste ano celébrase co lema “Vive momentos icónicos“.

Ademais das ofertas, no noso país a conmemoración chega acompañada do lanzamento dunha Edición Espcial do modelo Redmi Note 13 Pro+ 5G, que se suma á serie. Este dispositivo exclusivo distínguese polo seu acabado Mystic Silver na parte traseira, realzado co logotivo do Xiaomi Fan Festival. Este deseño é resultado dun proceso que comeza cunha base de película plateada sobre a que se asenta unha cuberta de cristal. Por riba desta capa, o dispositivo exhibe un logotipo creado a través da técnica da nanolitografía, acadando u efecto de refracción. Isto fai que o logo brille, capturando a luz para crear uns reflexos curiosos.

Esta edición especial tamén chega cunha caixa exclusiva, que leva o logotipo e o gravado en plata. Así mesmo, vén cun fondo de pantalla único que complementa a parte traseira do trebello, ademais cunha pequena colección de colantes conmemorativos.

Debido á dispoñibilidade limitada deste trebello, e en agradecemento aos principais fans de Xiaomi, distribuiranse unha pequena cantidade de códigos F a unhas poucas persoas, que poderán desfrutar de privilexios de compra prioritarios.

Grandes ofertas até o 30 de abril

O Festival complétase cunha selección de ofertas que se poderán desfrutar até o 30 de abril na web de Xiaomi España. Unhas rebaixas que permiten adquirir dispositivos e accesorios do fabricante a prezos inferiores aos habituais.

Así, por exemplo, o novo Xiami 14 na versión de 12 + 512 GB xunto co reloxo intelixente Xiaomi Watch 2 pódese adquirir por 1099,99 €. E o modelo Xiaomi 14 Ultra con 16 + 512 GB véndese co Xiaomi Watch 2 Pro 4G LTE por 1499,99 € con motivo desta celebración.

Outro modelo de Xiaomi que conta con desconto é o Xiaomi 13T con 8 + 256 GB, que queda en 499,99 €; ou o Redmi Note 12 Pro+ 5G con 8 +256 GB, que fica nos 299,99 €. Tamén baixa de prezo o POCO F5 con 12 +256 GB, podéndose adquirir por 299,99 € ou o Redmi Note 13 Pro 5G, na verisón de 8 + 12 GB, que se pode atopar por 279,99 €.

O anteriormente presentado Redmi Note 13 Pro+ 5G XFF Edition custa 398,99 €, mais para poder atopalo este prezo as usuarias deben entregar un depósito de 1 € antes do 14 de abril, abonando o resto entre os días 15 e 17 de abril. De non facelo, o seu prezo será de 499,99 €.

O mesmo ocorre coa tablet Xiaomi Pad 6S Pro 12.4 na súa versión de 12 +256GB. Depositando un euro até o 14 de abril desfrutarase dun desconto de 100 €, que deixa o dispositivo en 698,99 €, fronte os 799,99 €. Así mesmo, tamén regalan un smartpen, un teclado e unha funda. O resto do pago haberá que facelo entre os días 15 e 17 de abril.

Outros produtos do ecosistema Xiaomi rebaixados

Máis aló dos teléfonos e as tablets, as ofertas tamén chegan a outros produtos do ecosistema Xiaomi. Así, a smart TV Xiaomi TV A2 50 terá un prezo de 349 €; a fritidora de aire Mi Smart Friyer 3.5L custará 59,99 € e a batidora Xiaomi Smart Blender terá dous descontos, dependendo dos días: até o 7 de abril custará 49,99 €, e do 8 ao 30 de abril, 59,99 €.

Tamén baixa de prezo o robot aspirador Xiaomi Robot Vacuum X1+, que se pode atopar por 449,99 € até o día 21. E o pack formado pola pulseira Xiaomi Smart Band 8 xunto cuns auriculares Redmi Buds 3 Active custará 39,99 €.

Sobre o autor

Reply