Haberá que pagar para seguir tendo soporte en Windows 10 en 2025

O próximo ano Windows 10 cumprirá 10 anos no mercado. Con Windows 11 bastante extendido entre os equipos actuais, Microsoft vén de adiantar os plans que ten para a anterior gran versión do seu sistema operativo. Así, no 2025 a compañía de Redmond deixará de ofrecer soporte gratuíto para Windows 10.

A través dunha publicación no seu blog oficial, Microsoft adiantou que as empresas que queiran seguir empregando Windows 10 deberán pagar por cada dispositivo, un prezo que se irá incrementando co paso dos anos. O primeiro ano, esta cota será de 61 dólares, duplicándose aos 122 dólares no segundo ano e chegando aos 244 dólares no terceiro ano. Con estes pagos, as empresas terán garantidas as actualizacións de seguridades nas chamadas Extended Securitu Updates.

Todo apunta a que haberá algo semellante para as usuarias particulares, malia que polo de agora non se ten confirmado o prezo. Por iso, sempre e cando o noso equipo poida soportalo, é recomendábel actualizar a Windows 11, para seguir a disfrutar do soporte gratuíto.

Sobre o autor

Reply