Tras un período de pre-compra, hoxe ponse á venda oficialmente o OPPO Reno 11F 5G. Trátase da última incorporación do fabricante chinés ao mercado, que chega para competir na gama media. Sobre a mesa, unha proposta que pon o foco na súa triple cámara e a súa durabilidade.
Está equipado cunha pantalla de 6,7 polgadas e resolución FHD+. Trátase dun panel AMOLED que ofrece taxa de refresco de 120 Hz e un brillo máximo de 1.100 nits. No seu interior, conta cun procesador MediaTek Dimensity 7050 (fabricado en 6 nm), xunto con 8 GB de RAM e 256 GB de memoria interna. Pode expandirse a RAM mediante virtualización noutros 8 GB adicionais, e tamén a memoria interna usando tarxetas microSD de até 2 TB.
No apartado fotográfico, dispón dun sistema de triple cámara traseira. O sensor principal é de 64 MP, e está potenciado mediante Intelixencia Artificial (IA). Isto permite unha mellor interpretación dos obxectos que se van a fotografar para conseguir uns resultados máis precisos. Os outros dous sensores sson un gran angular, de 8 MP, e unha cámara macro de 2 MP.
A cámara dianteira é de 32 MP. Está fabricada por Sony -Sony IMX 615- e considerada unha das máis completas na súa liña de prezo. Tamén está potenciada mediante IA e permite gravar vídeos con resolución 4K desde a parte frontal do teléfono.
Outro dos aspectos que OPPO pon en valor é a súa batería, de 5.000 mAh. O fabricante asegura 4 anos de durabilidade da súa vida útil, para alongar no tempo o uso do dispositivo. É compatíbel coa carga rápida SUPERVOOC de 67 W, grazas ao que consegue cargar o 30% da capacidade en 10 minutos e o 100% en 48 minutos.
O sistema operativo é Android 14, coa última versión da capa de personalización de OPPO, ColorOS 14. Esta achega diversas funcionalidades intelixentes que optimizan o rendemento, como a aplicación File Dock, ou as funcións Smart Touch e Smart Imagine Matting.
Por último, e en termos de deseño, caracterízase por ser lixeiro (177 gramos) e ter un grosor contido (7,54 mm). Dispón de certificación IP65 para garantir a protección fronte salpicaduras e pequenos accidentes domésticos, aumentando a súa durabilidade.
Dispoñibilidade e prezo do OPPO Reno 11 F 5G
Tras o período inicial de pre-compra, o OPPO Reno 11 F 5G pódese mercar desde no noso país en dúas cores, Ocean Blue (azul) e Palm Green (verde). Ambos os dous veñen co proceso de deseño exclusivo OPPO Glow, que consegue un acabado brillante, suave e liso. No caso concreto do modelo azul, incorpora capas de partículas magnéticas (Magnetic Particle Design) ao acabado Glow.
O seu prezo é de 399 €, e está dispoñíbel tanto na tenda online de OPPO como a través dos diferentes operadores e retailers. Para continuar coa súa promoción, OPPO vén de ampliar as ofertas de lanzamento, que se extenderán até o próximo 30 de abril.
Mercándoo na web do fabricante, as usuarias beneficiranse de recibir gratis uns auriculares OPPO Enco Buds2 (valorados en 49 €) e un adaptador de 67 W (valorado en 39 €), ademais de entrar no sorte dunha entrada dobre para a final da Champions League.
Por outro lado, quen o merque na rede de tendas (Amazon, MediaMarkt, El Corte Inglés…) recibirán de agasallo uns OPPO Enco Air 3, valorados en 69 €. Entrarán tamén no sorteo das entradas, o mesmo que as persoas que o adquiran a través dun operador. Neste último caso, non haberá regalos a maiores.