Cecotec sufre un grave incendio no seu almacén loxístico de Sollana

O fabricante Cecotec -coñecido especialmente polas súas aspiradoras Conga- sufriu esta fin de semana un grave incendio nun almacén loxístico situado la localidade valenciana de Sollana. Afortunadamente, ninguén sufriu danos, xa que no momento de producirse non había ninguén no interior, a excepción do persoal de seguridade.

O lume declarouse pouco antes das 16h do domingo e se prolongou até a madrugada do luns, cando quedou completamente extinguido contra as 6h da mañá. Afectou totalmente a cinco naves e parcialmente a unha sexta, dun total de sete que a compañía empregaba para o servizo técnico e a reparación de dispositivos.

Nun comunicado, Cecotec trasladou unha mensaxe ás usuarias, indicando que os tempos habituais de reparación poderán verse lixeiramente afectados polas consecuencias de este incendio. Ademais, aclarou que vén de poñer en marcha un plan de medidas para subsanar as posibles materiais ocasionadas, e repoñer os produtos á clientela que poida verse afectada.

Imaxes | Bombers

Sobre o autor

Reply