Lowi engade Amazon Prime nas tarifas converxentes

Lowi, a segunda marca de Vodafone, inclúe desde esta semana o servizo Amazon Prime para a nova clientela que contrate algunha das tarifas converxentes que vén ofrecendo. Esta promoción está dispoñíbel a través de todas as canles de contratación de Lowi, se ben a duración é diferente, como explicaremos máis abaixo.

Con esta oferta, as usuarias de Lowi poderán beneficiarse de todas as vantaxes de Amazon Prime sen pagar céntimo. Isto inclúe os envíos de balde nun día -e ilimitados- en máis de dous millóns de produtos; Amazon Music con máis de 100 millóns de cancións podcast; e Prime Video, cun amplo catálogo de películas e series de televisión. Tamén Prime Reading, Amazon Photos e Prime Gaming, entre outros, como as entregas de produtos frescos en dúas horas con Amazon Fresh, dispoñíbel na cidade da Coruña.

As tarifas coas que se pode desfrutar desta promoción son as que seguen. As tres máis económicas teñen unha duración diferente se se contratan nun punto de venda ou a través da web, podendo ser de 3 meses ou un ano (12 meses) respectivamente.

  • Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 12 GB) por 29,95 €/mes [3 meses de Prime inclúdo, 1 ano contratando vía lowi.es]
  • Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB) por 34,95 €/mes [3 meses de Prime inclúdo, 1 ano contratando vía lowi.es]
  • Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB) por 36,95 €/mes [3 meses de Prime inclúdo, 1 ano contratando vía lowi.es]
  • Fibra 600 Mbps + 2 móbiles (ilimitadas + 30 GB cada un) por 39,95 €/mes [12 meses de Prime inclúdo]
  • Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 75 GB) por 42,95 €/mes [12 meses de Prime inclúdo]

Lowi non especificou a vixencia desta promoción, polo que é de supoñer que continuará activa até novo aviso.

Sobre o autor

Reply