Motorola anunciará novos dispositivos Edge o 16 de abril

Motorola lanzou hai uns días na India o Edge 50 Pro, un dispositivo que se sitúa un paso por baixo dos modelos de referencia, e que pronto terá compañía. O fabricante anunciou agora un evento para o próximo martes, 16 de abril, no que haberá novidades “na familia Edge”.

Todo apunta a que ese día sairá á luz o Edge 50 Pro, que viría a ser o novo modelo de referencia. A mensaxe apunta a que haberá “intelixencia” e arte, o que fai pensar nun dispositivo que apostará pola intelixencia artificial e no que será relevante o deseño. De feito, a modo de teaser, o fabricante compartiu hai unhas semanas unha publicación que apuntaba a unha capa traseira de coiro nun dispositivo “AI Phone”.

Teremos que agardar ao próximo martes para ver se este novo modelo chega só ou acompañado de outros teléfonos ou trebellos, así como tamén para coñecer a súa folla de especificacións completa.

Sobre o autor

Reply