Vodafone anunciou esta mañá o lanzamento dunha nova oferta converxente, que desde hoxe está dispoñíbel tanto para a clientela actual como para as novas contratacións. O seu prezo é de 49,99 €/mes de maneira permanente.
Este novo plan ofrece os seguintes servizos:
- Liña móbil con 50 GB 5G, chamadas e SMS ilimitados.
- Fibra óptica 300 Mbps con teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
- Vodafone TV con máis de 40 canles liñais, entre eles AMC SELEKT, Canala Hollywood, Eurosport 1, AMC, Cosmo e Comedy Central.
- Netflix (Plan Estándar con anuncios)
- Dispositivo: decodificador Vodafone TV 4K Pro ou -só para portabilidades- un televisor Xiaomi TV A de 43 polgadas.
Caba sinalar que o decodificador Vodafone 4K Pro inclúe sistema Home Cinema con Audio by Bang & Olufsen, ademais de control por voz, funcionalidades Amazon Alexa e Bluetooth. Isto permite conectar o seu mando ou periféricos para sacarlle todo o partido.
Este novo plan actualiza a oferta “yu Móvil Fibra” da que falamos hai apenas unha semana, que a cambio de 50 € ofrecía as mesmas condicións de móbil e fibra, mais con 70 canles de televisión e unha subscrición a Disney+ ou HBO Max. A cambio de perder 30 canles e cambiar o servizo de streaming, a nova tarifa inclúe un dispositivo.
Máis información | Vodafone