Nova familia Motorola Edge 50, con deseño curvo e cámara impulsada por IA

Tal e como estaba previsto, Motorola anunciou hoxe novidades do seu portfolio de dispositivos. Tras semanas de rumores e filtracións, os novos Motorola Edge 50 son oficiais. Son tres teléfonos que chegan para dar a batalla en tres segmentos de prezo ben diferenciados.

Os Motorola Edge 50 Fusion, Edge 50 Pro e Edge 50 Ultra comparten pantalla curva pOLED de 6,7 polgadas, aínda que con diferentes características. Tamén son diferentes en canto á folla de especificacións que levan, coincidindo -en parte- nas liñas de deseño.

Motorola Edge 50 FusionMotorola Edge 50 ProMotorola Edge 50 Ultra
Pantalla6,7 polgadas
FullHD+
144 Hz
1600 nits de brillo
HDR10+
6,7 polgadas
2.712 x 1.220 píxeles
144 Hz
2.000 nits
HDR10+
6,7 polgadas
2.712 x 1.220 píxeles
144 Hz
2.500 nits
HDR10+
Dimensións e peso161,9 x 73,1 x 7,9 mm
174,9 g
161,23 x 72,4 x 8,19 mm
186 g
161,09 x 72,38 x 8,59 mm
197 g
ProcesadorQualcomm Snapdragon 7s Gen 2Qualcomm Snapdragon 7 Gen 3Qualcomm Snapdragon 8s Gen 3
RAM8 / 12 GB 12 GB12 / 16 GB
Memoria interna128 / 256 / 512 GB512 GB512 GB / 1TB
Cámara principalPrincipal: 50 MP, f/1.88, OIS
Gran angular: 13 MP, f/2.2, 120º, macro
Principal: 50 MP, f/1.4, OIS
Gran angular: 13 MP, f/2.2, 120º
Telefoto: 10 MP, f/2.0, 3x, OIS
Principal: 50 MP, f/1.6, OIS
Gran angular: 50 MP, f/2.0, 120º, macro
Telefoto: 64 MP, f/2.4, 3x, OIS
Cámara dianteira32 MP, f/2.4550 MP, f/1.950 MP, f/1.9
Batería5.000 mAh
Carga rápida 68 W
4.500 mAh
Carga rápida 125 W
Carga sen fíos 50 W
Carga sen fíos inversa: 10 W
4.500 mAh
Carga rápida 125 W
Carga sen fíos 50 W
Carga sen fíos inversa: 10 W
Sistema operativoAndroid 14Android 14Android 14
Conectividade5G
WiFi
Bluetooth 5.2
NFC
USB-C 2.0
5G
WiFi 6E
Bluetooth 5.4
NFC
USB-C 3.1 DisplayPort 1.4
5G
WiFi 7
Bluetooth 5.4
NFC
USB-C 3.1 DisplayPort 1.4
OutrosAltofalante dobre Dolby Atmos
IP68
Lector de pegadas baixo pantalla
Altofalante dobre Dolby Atmos
IP68
Lector de pegadas baixo pantalla
Altofalante dobre Dolby Atmos
IP68
Lector de pegadas baixo pantalla
PrezoDesde 349 euros699 eurosDesde 999 euros

Como pode extraerse da táboa anterior, os tres modelos comparten pantalla de 6,7 polgadas, con taxa de refresco de 144 Hz, o que resulta especialmente interesante para as persoas que empregan os seus dispositivos para xogar. Son compatíbeis con HDR10+ e ofrecen un bo nivel de brillo, aínda que diferente: 1600 nits no Fusion, 2000 nits no Pro e 2500 no Ultra.

Motorola Edge 50 Fusion

Difiren tamén no procesador escollido, e na configuración de memorias. Así, o Edge 50 Fusion ofrece 8 ou 12 GB de RAM combinábeis con 128, 256 ou 512 GB de memoria. O Edge 50 Pro comercialízase nunha única configuración de 12 + 512 GB, e o Edge 50 Ultra sube a aposta até os 12 ou 16 GB de RAM con 512 GB ou 1 TB de memoria interna.

Motorola Edge 50 Pro

No apartado fotográfico, o modelo máis básico ofrece unha configuración de dobre cámara (principal + gran angular), á que se suma un sensor telefoto nos Edge 50 Pro e Ultra. No que ten a ver coa batería, o Fusion vén con 5000 mAh e carga de 68 W, fronte os dous modelos máis avanzados, que reducen a capacidade a 4.500 mAh a cambio de integrar carga de 125 W mediante cable e de 50 W a través da carga sen fíos. Como curiosidade, todos eles inclúen o cargador na caixa.

Motorola Edge 50 Ultra

Por suposto, os tres modelos veñen equipados de conectividade 5G e NFC para pagos móbiles, ademais de lector de pegadas dixitais baixo a pantalla e protección IP68. Atopamos diferenzas na WiFi soportada, con WiFI 6E no Edge 50 pro e WiFi 7 no Edge 50 Ultra. Ademais, estes dous modelos tamén ofrecen funcionalidades DisplayPort no USB-C.

Motorola Edge 50 Ultra

Dispoñibilidade e prezo

Os tres modelos van poder adquirirse a través da páxina web de Motorola, así como tamén na rede de distribución habitual da marca e nalgúns operadores. Polos Motorola Edge 50 Ultra e Motorola 50 Fusion aínda haberá que agardar unhas semanas, mais o fabricante adiantou o prezo de partida, que será de 999 €e 399 €, respectivamente.

Motorola 50 Fusion

O Motorola Edge 50 Ultra estará dispoñíbel nos tons Forest Grey, Nordic Wood e Pantone Peach Buzz, mentres que o Motorola Edge 50 Fusion chegará en Forest Blue, Hot Pink e Marshmallow Blue.

Motorola Edge 50 Pro

Pola súa banda, o Motorola Edge 50 Pro sae hoxe á venda na web de Motorola por 699 €, nos tons Black Beuty, Moonlight Pearl e Luxe Lavender. Como promoción exclusiva de lanzamento, mercándoo a través de Motorola, Orange, Vodafone, Telefónica, Yoigo, Amazon, Media Markt, PC Componentes ou na tenda online de Alcampo antes do 31 de maio, as usuarias levarán de regalo uns auriculares Moto Buds+, que teñen un prezo recomendado de 59 euros.

Sobre o autor

Reply