Adrià convida ao alumnado da UVigo a “imaxinar un mundo sen límites” no centenario de Telefónica

O cociñeiro Ferrán Adrià ofreceu onte na Universidade de Vigo un relatorio no marco da celebración do centenario de Telefónica. Durante a súa intervención, o chef animou ao alumnado a “buscar os límites para traspasalos”, e a “innovar para transformar”.

Non dubidou Adrià en compartir cos presentes a súa metodoloxía “Sapiens”, unha técnica centrada en conectar diversas respostas para comprender mellor e fomentar a innovación, captar a atención das presentes e impulsar a importancia da innovación no ámbito académico.

Tamén aproveitou a súa presenza na Universidade de Vigo para dar a coñecer o Challenge elBulli1846, un desafío que se propón nesta “Xira Centenario Telefónica” para estimular e difundir a metodoloxía “Sapiens” na comunidade universitaria, e que se pode aplicar en TFGs, TFMs e proxectos innovadores. Os gañadores desta proba recibirán como premio unha estancia de dous días en Cala Montjoi, cun programa de actividades xunto con Ferrán Adrià e o equipo de elBulliFoundation.

A escolla de Vigo para realizar este evento non é casual, xa que esta Universidade está adherida á Cátedra Telefónica. Nada en 2001, está Cátedra concíbese como un instrumento de formación, investigación e transferencia de coñecemento para o impulso das TIC na sociedade, desde unha óptica multidisciplinar.

Na Universidade de Vigo, Telefónica constituíu esta Cátedra hai 11 anos co obxectivo de promover a aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións no ámbito do ensino universitario, a investigación e a innovación.

Sobre o autor

Reply