Xiaomi anuncia novos dispositivos intelixentes do seu ecosistema AIoT

Xiaomi anunciou onte a chegada de novos dispositivos do seu ecosistema conectado, cos que o fabricante chinés quere mellorar a “experiencia intelixente” tanto dentro como fóra de casa. Entre estas novidades, que se poderán adquirir a partir do xoves, temos novas gamas de Smart TV, Scooters eléctricos e un novo robot aspirador.

Novos televisores Xiaomi TV A 2025 e Xiaomi TV A Pro 2025

A nova serie Xiaomi TV A 2025 está equipada con Google TV, ofrecendo acceso a un ilimitado mundo de contidos. Conta ademais con tecnoloxía de compensación de movemento MEMC, que permite unha visualización de imaxes suaves e definidas con calidade 4K UHD. A súa aparencia, sen apenas biseis, apórtalle un deseño elegante e moderno.

Está dispoñíbel en cinco versións, atendendo ao seu tamaño: 32 polgadas (169 €); 43 polgadas (279 €); 50 polgadas (359 €); 55 polgadas (399 €) e 65 polgadas (549 €).

Pola súa banda, a Xiaomi A Pro 2025 achega a tecnoloxía QLED a un maior número de usuarias. Con esta pantalla QLED de resolución 4K e soporte para HDR, a calidade é o seu maior valor, permitindo acceder aos detalles máis pequenos. Conta con tecnoloxía de audio Dolby e Google TV, con mando a distancia que permite acceder ao ecosistema Xiaomi.

Este modelo chega en catro tamaños: 43 polgadas (299 €); 55 polgadas (449 €); 65 polgadas (599 €) e 75 polgadas (799 €).

Novos Scooters

As novidades tamén chegan aos Scooters de Xiaomi, co Xiaomi Electric Scooter 4 Pro 2nd Gen, que destaca pola gran capacidade de batería. Con 468 Wh a 48V ofrece unha autonomía de até 60 quilómetros. Tamén destaca o seu motor, máis potente (cunha potencia nominal de 400W), e as súas rodas, que viron ampliada a superficie de 54 a 600 mm, permitindo un mellor agarre nos xiros.

O Xiaomi Electric Scooter 4 Lite (2nd Gen) resulta máis lixeiro e doado de transportar. Pode circular cunha carga máxima de 100 kg, e ten unha autonomía máxima de 25 quilómetros. O seu motor, de 390W, permítelle superar pendentes do 15% sen esforzo.

Tanto o Xiaomi Electric Scooter 4 Pro 2nd Gen como o Xiaomi Electric Scooter 4 Lite 2nd Gen chegarán primeiro a MediaMarkt, El Cote Inglés, Amazon.es, Fnac e Alcampo. O seu prezo será de 549,99 e 299,99 €, respectivamente.

Novo aspirador Vacuum X20+

Por último, Xiaomi tamén anunciou un novo robot aspirador, o Xiaomi Robot Vacuum X20+, que vén cunha estación base intelixente, con depósito de pó con capacidade de até 75 días. Tamén dispón dun depósito de auga limpa e suxa, que combinado coa limpeza automática das mopas o convirten nun dispositivo plenamente autónomo.

Incorpora un sistema de elevación de mopas automática e tecnoloxía S-Cross que mellora a capacidade para evitar obstáculos. Conta ademais cunha potencia de 6000pa capaz de aspirar pó e pequenos residuos sólidos.

O Xiaomi Robot Vacuum X20+ ten un prezo de 399 €.

Sobre o autor

Reply