Movistar vén de presentar un novo produto converxente pensado para as persoas que traballan por conta propia. Con miMovistar Autónomos, a operadora pretende incluír nunha mesma cota os servizos de conectividade, seguridade, equipamento e atención.
Cunha cota mensual de 61 € (+IVE), miMovistar Autónomos ofrece conexión fibra de 1 Gbps con router WiFi 6, unha liña móbil con chamadas, SMS e datos ilimitados 5G+, atención prioritaria e dispositivos desde 0 euros. Coa atención prioritaria garántese a instalación en menos de 48 horas, e preferencia na resolución das incidencias que puideran darse no servizo. En canto aos dispositivos, pódense financiar até 5 trebellos adicionais.
O servizo tamén inclúe Movistar Cloud, unha nube ilimitada para poder gardar arquivos, documentos de traballo e fotografías con total seguridade, así como Conexión Segura e MultiSIM. Este servizo permite ter 3 tarxetas adicionais para conectar diferentes aparellos.
Outros servizos complementarios
A maiores do ofrecido na cota base, as usuarias desta tarifa poden completar os seus pedidos personalizándoos. Así, por exemplo, poden engadir o servizo de fibra até a “habitación” (FTTR) por 8,18 €/mes (+IVE) adicionais; ou contratar unha segunda liña de fibra de 1 Gbps por 24,71 €/mes (+IVE).
De precisar outras liñas móbiles, pódese adquirir unha Liña Adicional Autónomos por 15 €/mes (+IVE), con Movistar Cloud, Conexión segura e MultiSIM incluída.