Vodafone incorpora Copilot para Microsoft 365 nas súas solucións para PEMEs e empresas

O portfolio de solucións para empresas de Vodafone acrecéntase coa incorporación de Copilot para Microsoft 365. Trátase da nova ferramenta de intelixencia artificial (IA) xerativa de Microsoft que proporciona asistencia intelixente en tempo real, permitindo optimizar os tempos e mellorando a produtividade das empresas que as empregan.

Con este movemento, Vodafone pretende achegar este servizo ás pequenas e medianas empresas (PEMEs), que poderán así beneficiarse dunha das ferramentas de IA máis intuitivas e doadas de usar. Precisamente por iso, e polas súas capacidades para axilizar a escritura, o deseño, a codificación ou a análise de datos, Microsoft Copilot vén recibindo moi boas críticas.

Webinar “Quen dixo que a IA é para grandes empresas?”

Co fin de presentar a nova ferramenta que ofrecen Vodafone e Microsoft, a operadora vén de programar un webinar para este mércores, 24 de abril, ás 15h. Participarán nel expertos de Vodafone Business e Microsoft, que serán os encargados de resolver todas as dúbidas.

Trátase dunha xornada gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas en explorar as oportunidades que ofrece a IA xerativa para potenciar o crecemento e éxito empresarial. As persoas interesadas deben rexistrarse a través deste enlace.

Sobre o autor

Reply