A operadora Orange está ofrecendo estas semanas unha promoción coa que se pode conseguir unha Smart TV de 55 polgadas totalmente gratis ao contratar a tarifa Go Max Cine e Series. Trátase do modelo Xiaomi TV P1E 55, un dispositivo que a compañía ten no seu catálogo por 549 € para pagos ao contado.
A tarifa Go Max Cine e Series de Orange é un completo plan de telefonía móbil, no que a cambio de 50 € ofrécenos unha liña ilimitada en chamadas e datos a velocidade 5G, e televisión con máis de 90 canles. Ademais inclúe as subscricións a Amazon Prime e Disney+, 200 minutos en chamadas internacionais a 59 destinos e multiSIM.
A tarifa de por si non ter permanencia, pero se se acepta o agasallo do televisor si que adquire un compromiso de 24 meses coa compañía. Ademais, no caso de precisar liñas móbiles adicionais, as usuarias poden beneficiarse dun desconto permanente nestas do 20%.