Máis de medio millón de clientes Lowi xa dispoñen de Voz sobre 4G e 5G

Lowi anunciou esta semana que máis de medio millón de usuarias da compañía xa poden facer chamadas en alta definición e navegar por Internet ou usar servizos de mensaxería de forma simultánea grazas ao despregamento da tecnoloxía de Voz sobre 4G e 5G (VoLTE).

Esta tecnoloxía aproveita as vantaxes das redes 4G e 5G para ofrecer unha calidade de audio en alta definición, así como unha conexion máis rápida. Para desfrutar destas novas funcionalidades, as usuarias deben contar cun terminal 4G ou 5G compatíbel e ter actualizado o seu software para cumprir coa homologación necesaria.

Máis cobertura 5G

Lowi destaca a amplitude do despregamento da rede 5G de Vodafone, que este ano cubrirá o 82% da poboación, estando presente nun total de 2.700 concellos de todo o Estado.

A través das redes 5G, as usuarias poden desfrutar de velocidades de descarga de até 1 Gbps, o que significa un incremento notorio da velocidade fronte as conexións 4G. Ao tempo tamén se reduce a latencia a menos de 5 ms en condicións ideais.

Sobre o autor

Reply