ZTE amosa as súas novidades en fibra e WiFi na Feira AOTEC de Bilbao

A multinacional ZTE estivo presente onte e hoxe na XVII Feira AOTEC de Bilbao. Trátase dun evento organizado pola Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións e Servizos de Internet, que reúne a empresas de gran relevancia do sector. Nos últimos anos, tense convertido nun escaparate para dar a coñecer as últimas tendencias en conectividade e transformación dixital.

Nesta edición ZTE estivo presente amosando tanto dispositivos de fogar como os seus produtos ONTS. Faino co respaldo de ter vendidos máis de 10 millóns de dispositivos no conxunto do Estado, e máis de 570 millóns a nivel mundial, incluíndo routers e dispositivos Smart TV Box.

O fabricante levou a cabo varias demostracións de produtos XGS-PON, capaz de proporcionar velocidades de até 10 Gbps, multiplicando por 4 a actual capacidade máxima de baixada, e até por 8 a de subida. Ademais, esta tecnoloxía mellora a latencia, que baixa de 4 a 1 ms, o que permite manter múltiples conexións simultaneamente a máxima velocidade, para realizar actividades como videostreaming a 8K, descarga de ficheiros e xogos online, entre outros.

ZTE tamén dispón de ONTS XGS PON Wifi 6 e WiFi 7, que incorporan moitas melloras. Entre elas destaca o engadir a banda de frecuencia de 6 GHz en relación a WiFi 6 ou emitir en canles de até 320 MHz. Isto significa poder acadar velocidades máximas de transmisión de 30 Gbps.

Ademais de contar cun stand na feira, ZTE tamén participou en dúas ponencias. A primeira delas, no stand de Asteo, versou sobre “A España rural como oportunidade estratéxica para novos data centers”. A segunda, no stand de Adamo, tratou sobre os “Beneficios da fibra para a vida cotiá”.

Sobre o autor

Reply